A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) da Galiza inaugura mañá unha nova edición de ‘Dramaturxias itinerantes’, que protagonizan a galega Esther F. Carrodeguas e a portuguesa Cecília Ferreira. Esta nova entrega do proxecto no que colaboran o Consello da Cultura Galega (CCG), o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo, a ESAD da Galiza e a Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (Esmae) de Porto desenvolverase hoxe, na ESAD de Vigo, e mañá na Esmae de Porto. O ciclo teatral, que ten como obxectivo “promover o encontro entre creadoras galegas e portuguesas”, suma a súa quinta edición coa …
Continue lendo
